Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha véntena de persoas participaron esta fin de semana en Tui nun Encontro de Autocoidado Profesional

9/10/2023

O patrimonio natural e patrimonial, xunto aos servizos dispoñibles na cidade fixeron que Tui fose o lugar elixido para celebrar o II Encontro de Autocoidado Profesional organizado pola entidade de aprendizaxe vivencial e xestión emocional Creando Educación Social.

Raquel Montero e Lucía Fernández, de Creando Educación Social, puxeron en marcha esta iniciativa o ano pasado co obxectivo de crear espazos de encontro e autocoidado nos que profesionais do ámbito social coiden da súa saúde emocional, creando, ao tempo, unha rede de apoio sólida e que perdure no tempo.

Ata Tui desprazáronse esta fin de semana un véntena de persoas de Galicia, Madrid, Tenerife ou Valladolid. Así na cidade reuníronse profesionais e estudantes de Educación Social, Traballo Social, e Psicoloxía xunto a profesorado de toda España

Seguindo o programa previsto realizaron distintas actividades coma experimentación con arcilla, ou talleres de relaxación ou risoterapia. Amais o sábado pola tarde percorreron  a senda do río Tripes guiadas pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, agradece ás organizadoras deste Encontro ter elixido Tui para a súa celebración, destacando coma a cidade reúne as características idóneas para este tipo de iniciativas tanto polos seus atractivos naturais, patrimoniais ou turísticos, coma polos servizos profesionais que hai na cidade para este tipo de evento dende aloxamento, restauración, guías, …  Ana Núñez destaca amais coma este Encontro fai fincapé en algo tan importante coma o “autocoidado”, necesario tanto dende o punto de vista persoal coma profesional.