Pajarito, Troula Animación, Clown Nano, Circo Chosco e Daniel Gonçalves pechan o FIAR 2021
A Eurocidade Tui-Valença despide hoxe a primeira edición do FIAR, Festival Internacional de Artes de Rúa, con seis novas funcións a unha e outra beira do río, adaptadas as medidas sanitarias en vigor en cada municipio. Precisamente o cambio a nivel medio de restricións no que está Tui dende este sábado levou á organización do FIAR 2021 a mudar o espectáculo previsto inicialmente por parte de Troula Animación, xa que se trataba dun espectáculo itinerante no que o público ía acompañando a función, por outro que se realizará de forma estática con público sentando, cumprindo así a nova normati