Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

III Carreira de Orientación da Eurocidade

Data: 
24/10/2021
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

O domingo 24 de outubro celebrarase a III Carreira de Orientación da Eurocidade organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.

A proba terá lugar a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui.

A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante.  As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.

Inscricións e toda a información en www.xestanatureza.com.