Exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella ponte internacional Tui-Valença
O Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal. A exposición, que recupera material dunha anterior exposición, realiza un percorrido polo proceso de deseño e construción da Ponte Internacional sobre o río Miño. Tamén se amosa unha maqueta da ponte unindo as dúas cidades integran a mostra.








