Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui-Valença organiza unha andaina, en 5 etapas, polo Camiño Portugués de Porto a Tui

21/04/2022

Este domingo celébrase a Andaina de San Telmo que abre o circuíto de camiñadas saudables

A Eurocidade Tui-Valença promociona o Camiño Portugués da Costa dende Porto ata Tui cunha camiñada, en 5 etapas, que se van realizar dende Porto a Tui, entre o 21 de maio e o 9 de xullo.  Esta actividade forma parte das Andainas da Eurocidade Tui-Valença que comezan esta fin de semana

A participación está limitada a 50 persoas e ten un prezo de 12 euros por etapa, incluíndo o transporte até o punto de partida, seguro, auga e froita.

A primeira etapa realizarase o sábado 21 de maio percorrendo os 27 quilómetros dende a Sé de Porto até Vila do Conde.  A fin de semana seguinte, o sábado 28 de maio, percorreranse 28 quilómetros dende Vila do Conce a Marinhas.

O Camiño continuará o 18 de xuño coa etapa entre Marinhas e Viana do Castelo de 26 quilómetros. Xa o 2 de xullo realizarase o percorrido entre Viana do Castelo e Caminha cun total de 27 quilómetros. Por último o 9 de xullo realizarase a derradeira etapa, de 25 quilómetros dende Caminha, pasando por Vila Nova de Cerveira, Valença e chegando a Tui.

A inscrición está limitada a 50 persoas podendo realizarse neste enlace Inscrición

As persoas interesadas poden ampliar esta información en caminhadas.andainas@gmail.com, ou nos teléfonos 607 785 601 e 00351  934 440 770.

INSCRICIÓN CAMIÑO PORTUGUÉS

Andaina de San Telmo

Precisamente o circuíto de andainas e camiñadas da Eurocidade Tui-Valença comeza este domingo, 24 de abril, coa Andaina de San Telmo cun percorrido de 7 quilómetros guiados polo club AndaTui Rego da Pedra. Sairá da praza da Inmaculada, para continuar até a praza de San Fernando para percorrer dende aí un tramo do Camiño Portugués, o camiño de Sierpes, San Bartolomeu, a Virxe do Camiño, visitando o muiño de Lavandeira, que ten a particularidade de ser o único muíño de cubo da zona,  continuando por Pazos de Reis e regresando ao punto de partida. A inscrición, cun prezo de 6€ e inclúe auga, froita, seguro e un aperitivo no remate, pode facerse en www.andatui.es.

INSCRICIÓN ANDAINA DE SAN TELMO