Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Camiño Portugués da Costa Porto - Valença -Tui

Data: 
21/05/2022
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença organiza, dentro das Andainas da Eurocidade, a realización do Camiño Portugués da Costa en 5 etapas dende Porto a Tui, entre o 21 de maio e o 9 de xullo. 

A inscrición está limitada a 50 persoas. 

  • 1ª Etapa: Sé do Porto - Vila do Conde. 27 kms. 21 de maio de 2022
  • 2ª Etapa: Vila do Conde - Marinhas. 28 kms. 28 de maio
  • 3ª Etapa: Marinhas - Viana do Castelo. 26 kms. 18 de xuno
  • 4ª Etapa: Viana do Castelo - Caminha. 27 kms. 2 de xullo
  • 5ª Etapa: Caminha - Tui. 25 kms. 9 de xullo

Inscrición 

Pódese ampliar a información en caminhadas.andainas@gmail.com, ou nos teléfonos 607 785 601 e 00351  934 440 770