A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Rematado o prazo de presentación de alegacións as puntuacións provisionais do proceso para nomeamento interino do Técnico de Xestión, sen que se presentase algunha, o concelleiro delegado de persoal ditou no día de hoxe resolución de requerimento de documentación necesaria para levar a cabo o nomeamento interino.
A estes efectos o aspirante dispón de 5 días hábiles para a presentación da documentación, prazo que remata o 27/01/2021.
Do 19 ao 21 de xaneiro vaise celebrar o II Foro de Emprego Emprega Tui. Está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas.
Realizarase cun dobre obxectivo de achegar coñecemento e recursos sobre o mercado laboral ás persoas que están na procura de emprego e de achegar man de obra cualificada e formada ás empresas que procuran persoal.
O II Foro de Emprego “EMPREGA TUI” amplía nesta segunda edición o seu programa triplicando o calendario de actividades previstas con respecto á primeira edición.
Do martes 19 ao xoves 21 de xaneiro vaise celebrar o II Foro de Emprego Emprega Tui. Está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas.
Realizarase cun dobre obxectivo de achegar coñecemento e recursos sobre o mercado laboral ás persoas que están na procura de emprego e de achegar man de obra cualificada e formada ás empresas que procuran persoal.
Resultados do cuarto exame e da valoración de méritos do proceso selectivo de técnico de xestión realizado o día 12/01/2021, os aspirantes dispoñen de tres días hábiles para presentar alegacións ao mesmo e a valoración de méritos.
Prazo que remato o 18/01/2021
Até o luns 25 de xaneiro está aberto prazo de inscrición no programa IniciaTIC de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social. Está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e conta neste caso co apoio do Concello de Tui.
Resumo Boletíns do 4 ao 10 de xaneiro de 2021
Axudas, subvencións, premios
Formación
Traballo sector público
Resultados do terceriro exame de técnico de xestión realizado o día 15/12/2020, os aspirantes dispoñen de tres días hábiles para presentar alegacións ao mesmo.
O tribunal asemade convoca a aspirante Pilar Díaz-Pavón Sánchez Tembleque a realización da proba de coñecemento do idioma o vindeiro martes día 12/01/2021 as 11:00 horas na casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1, 36700 Tui.
Resumo Boletíns do 7 ao 13 de decembro de 2020
Resumo Boletíns do 30 de novembro ao 6 de decembro de 2020