Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo nomeamento interino Técnico de Xestión e formación de lista de reserva

Undefined

Resultados do terceriro exame de técnico de xestión realizado o día 15/12/2020, os aspirantes dispoñen de tres días hábiles para presentar alegacións ao mesmo.

O tribunal asemade convoca a aspirante Pilar  Díaz-Pavón Sánchez Tembleque a realización da proba de coñecemento do idioma o vindeiro martes día 12/01/2021 as 11:00 horas na casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1, 36700 Tui.

Resultados 2º exame Prc. Técnico de Xestión

Undefined

Resultados do segundo exame de técnico de xestión realizado o día 02-12-2020, os aspirantes dispoñen de tres días hábiles para presentar alegacións ao mesmo.

O tribunal asemade convoca aos aspirantes que superaron esta segunda proba a realización da terceiro o vindeiro martes día 15/12/2020 as 09:00 horas na casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1, 36700 Tui.

Proceso selectivo nomeamento interino Técnico de Xestión e formación de lista de reserva

Undefined

Finalizado o periodo de alegacións, hoxe reuniuse o tribunal para a resolución das mesmas, debido a que segundo o indicado no artigo 9 das bases de selección, debe transcorrer como mínimo un prazo de 48 hora dende a total terminación dun exercicio ou proba ata o comezo da seguinte; considera o tribunal que o remate do primeiro exercicio se produce coa resolución das alegacións presentadas e a asignación das puntuacións definitivas, polo que o exame convocado para o vindeiro luns día 30/11/2020 debe suspenderse debido a que non se cumpre a premisa arriba indicada.

Resultados 1º exame Prc. Técnico de Xestión

Undefined

Hoxe realizouse o primeiro exame do proceso selectivo para o nomeamento interino dun Técnico de Xestión e formación de lista de reserva. As puntuacións son as que figuran no certificado da acta.

Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións contra as puntuacións provisionais. Asemade o tribunal convoca aos aspirantes que superaron este primeiro exercicio a realización do segundo exercicio da fase de oposición que se celebrará o vindeiro luns día 30/11/2020 as 09:00 horas na aula CEMIT, da Área panóramica sita na rúa Colón nº 2 36700 Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego