Impreso inscrición Escolas Deportivas da Deputación 2017/18
Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas.