Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

VII Eurocidade BTT

O domingo 4 de marzo celebrarase a VII Eurocidade BTT. A saída será ás 9h dende a piscina municipal de Valença e a liña de meta estará situada na fortaleza valenciana. Haberá dous dous percorridos un de 42 km e outro de 74 km. O punto de corte estará no quilómetro 40 a onde deberá chegar coma moi tarde ás 12.30h os participantes que desexen realizar o percorrido longo.

A proba é libre de carácter non competitivo e será neutralizada até o km 10. A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orden de inscrición.

VI Gala do Deporte Tudense 2017

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 23 de febreiro, ás 20.30h a VI Gala do Deporte Tudense na que se recoñecerá o traballo dos deportistas, clubs, entidades ao longo do ano 2017 coa entrega dos Premios Deporte Tudense 2017 ao deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo, club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial, e entidade colaboradora do deporte. 

A Gala do Deporte Tudense 2017 terá lugar o venres 23 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Os Premios Deporte Tudense 2017 entregaranse na  sexta Gala do Deporte Tudense, que se realizará o venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Segunda proba do Circuíto Galego de Bádminton sub 15 e absoluta

O pavillón do IES San Paio de Tui acolle o sábado, 10 de febreiro, dende ás 10h a segunda das probas do Circuíto Galego de Bádminton que se celebran en Tui. Nesta ocasión será para as categorías sub 15 e absoluta, e os xogadores e xogadoras participarán tanto en formato individual coma en mixto. A entrega dos trofeos para os gañadores de cada categoría está prevista ás 21h.

O Club Piragüismo Penedo organiza a II Copa Galega de Slalom Olímpico

Undefined

O Club Piragüismo Penedo, que acadou a vitoria na Taça Ibérica de Slalom celebrada en Covas (Portugal), a pasada fin de semana, organizará e participará na II Copa Galega de Slalom Olímpico, que se disputará este domingo, 4 de febreiro, no río Tea, a seu paso por Alxén, Salvaterra do Miño.

Un centenar de padeeiros de todo o territorio galego participarán nesta proba organizada polo club Penedo en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo, e os concellos de Tui, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes