Copa Galega de Andainas 25 Kms
O domingo 22 de outubro realizarase en Tui a última das cinco probas de media distancia do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis. O domingo 22 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas de Regularidade de 25 Kms, tras as realizadas en Guláns, Fene, Cedeira e Taragoña (Barbanza). A recollida das acreditacións empezará ás 08.00 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 hor





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.