Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Listaxe de inscritos nas Escolas Deportivas de Patinaxe 2017/18

Dentro das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra Tui contará un ano máis cunha escola de patinaxe.  Realizarase os luns no pavillón do CEIP de Rebordáns de 16.30 horas a 20.30 horas, en catro grupos divididos polo nivel dos participantes. Esta actividades será impartida este ano por monitores da Federación Galega de Patinaxe. Recóllese o listado de participantes admitidos nesta escola. 

IV Torneo Eurocidade de Hoquei

O venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club organiza en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. 

O venres 22 disputaranse as semifinais, ás 21.30 horas españolas o partido entre o Liceo e o AD Valongo, e ás 23.00 horas españolas o partido entre o Sporting CP e o Valença Hoquei Club.

O sábado 23 se disputará o encontro polo terceiro e cuarto posto, ás 17.00 horas españolas, sendo a final ás 18.30 horas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes