Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos

Data: 
24/02/2018

O novo pavillón de deportes de Tui acollerá o sábado 24 de febreiro, dende ás 17.30h,  o Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos, organizado polo propio CPA Ribex, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.

Dende as 10.30 ata as 14.00 horas, os clubes participantes realizarán os adestramentos, a razón de 15 minutos por cada clube.  A competición comezará ás 17.30 horas, coa categoría grupos xuvenil, e ás 19.05 coa de cuartetos.

A entrada para este campionato será de 5€, sendo gratuíta para os menores de 7 anos.