Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Presentación da Festa do Miño

Undefined

Mañá xoves, 17 de agosto, ás 10.30h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación dos actos a celebrar este próximo sábado, 19 de agosto, dentro da Festa do Miño organizados polo Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, María José González, dun representante de cada asociación que participará na Festa Gastronómica e do concerto musical Mitic, el espectáculo, que actuará no remate da xornada.

VI Torneo Eurocidade de Balonmán

Dentro das actividades deportivas organizadas pola Eurocidade Tui-VAlença este sábado celébrase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán no que colaboran o Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán.

A cita será no novo pavillón de deportes de Tui.

Ás 19h xogarán os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela. Mentres ás 20.30h enfrontaranse os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas.

A entrada será de balde.

Este sábado celébrase a III Ruta Histórica de Tui dentro das Andainas da Eurocidade

Undefined

Este sábado 5 de agosto, a partir das 22.00 horas españolas, dende o palco da música de Tui, no paseo da Corredoira, terá lugar a saída dunha nova andaina do Circuito de Trilhos e Andainas Saudables da Eurocidade. Nesta ocasión co nome de III Ruta Histórica de Tui percorrerá as rúas de Tui, visitando a capela de San Telmo, a da Misericordia, a Catedral de Santa María, e as igrexas de San Francisco, San Bartolomé e San Domingos.

Este sábado, 5 de agosto, celébrase o III Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha

Undefined

Este sábado, 5 de agosto, celebrarase o III Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha, organizado pola sección de Kaiak Polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui. Disputarase na Lagoa de Caldelas entre ás 9 e ás 18 horas.

Dende Combarro e Rodeira chegarán os equipos convidados, que xunto aos equipos do club organizador, realizarán un torneo con catro equipos en categoría absoluta e tres en categoría sub16.

O sábado 12 de agosto celebrarase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán

Undefined

O sábado, 12 de agosto, a partir das 19.00 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán.

No mesmo disputaranse dous partidos, un entre os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela, e outro entre os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas.

Os horarios dos partidos serán os seguintes:

Este domingo, 30 de xullo, dispútase en Tui o Campionato de Galicia Máster de Ciclismo

Undefined

Este domingo, 30 de xullo, a cidade de Tui acollerá o Campionato de Galicia Máster de Ciclismo, unha importante cita organizada pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui. O paseo da Corredoira será o lugar onde dará comezo a proba, con saída ás 10.30h. Despois dun percorrido con paso por zonas de Tomiño e O Rosal prevese que os participantes volvan a Tui para cruzar a meta sobre as 12.45h.

Hoxe presentación do Campionato de Galicia Máster de Ciclismo que se disputará este domingo 30 de xullo en Tui

Undefined

Hoxe mércores, 26 de xullo, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego Máster de Ciclismo, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente, coa colaboración do Concello de Tui. Disputarase este domingo 30 de xullo, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes