Andaina Nocturna da Eurocidade Tui-Valença
O sábado, 28 de xullo, celebrarase a Andaina Nocturna no calendario de andainas e caminhadas saudables da Eurocidade Tui-Valença.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
O sábado, 28 de xullo, celebrarase a Andaina Nocturna no calendario de andainas e caminhadas saudables da Eurocidade Tui-Valença.
Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro. Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.
O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo o próximo luns, 16 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 31 de xullo.
Nesta quenda participarán máis de 100 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.
O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.00 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.
A música encherá o verán tudense nos distintos actos previstos dende esta fin de semana até o mes de setembro. A programación, que inclúe tamén cinema, deporte e gastronomía, foi presentada este mediodía na casa do concello. Esta oferta cultural vén recollida no número 36º da Axenda Corredoira Cultural da que se editan 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença. Esta publicación achega tamén a programación de outono/inverno conformada por oito eventos que se celebrarán no Teatro Municipal de Tui de outubro a decembro.
Mañá xoves, 12 de xullo, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación da programación cultural que se vai desenvolver na cidade dende este mes de xullo e ata decembro. Unha oferta cultural que vén recollida nun novo número da Axenda Corredoira Cultural.
O río é o gran protagonista dunha xornada festiva na que se combina deporte, gastronomía e música no verán tudense, para por en valor todo o que o Miño representa. Será o sábado, 18 de agosto.
Programa
Este domingo, 8 de xullo, terá lugar a 5ª Fase da Liga Galega de Saltos Interclubs nas instalacións do club hípico Equigalia, en Pexegueiro. As probas disputaranse de maior a menor, comezando por 1.10 metros, despois 1 metro, 0.80, 0.50 e cruzadas. Finalmente realizase unha proba de barras para os máis pequenos. A competición desenvolverase dende ás 11h ata ás 17h.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, vén de remodelar as delegacións da alcaldía logo de que o concelleiro Andrés Urseira, por incompatibilidade laboral e de mutuo acordo co resto do equipo de goberno, deixará dúas das delegación que viña ocupando, como son as áreas de Deportes e Turismo. Porén seguirá ao fronte da Eurocidade e as Relacións Supramunicipais coma viña facendo dende o pasado mes de outubro.
O Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición para o Campamento de Verán Tui 2018, dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas ofertadas do 16 ao 31 de xullo e do 1 ao 15 de agosto.
Dende hoxe xoves 5, ata o remate do prazo de abono da taxa do campamento, o xoves 12 de xullo, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por rigoroso orden de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Tui, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Listaxe de admitidos no campamento de verán 2018