Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

II Epic Race Pontevedra

A Eurocidade Tui-Valença acollerá este ano a Epic Race, unha das probas máis duras de Btt que se celebran en España e que contempla un percorrido de 550 quilómetros en tres días por parte dos participantes. Será do 25 ao 27 de maio. Iniciamente ía celebrarse do 5 ao 7 de abril, pero foi aprazada polas adversas condicións meteorolóxicas. 

IV Torneo de Baloncesto da Eurocidade

Do 24 ao 26 de marzo celébrase o IV Torneo de Baloncesto da Eurocidade.

Máis de 500 xogadores de baloncesto de 32 equipos participarán no Torneo Internacional de Mini Basket da Eurocidade Tui-Valença. Os partidos terán lugar no pavillón municipal de Valença, pero tamén estás previstas outras actividades na piscina municipal, e na contorna para propiciar a convivencia entre os participantes.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes