Torneo de Minibasket da Eurocidade Tui-Valença

O pavillón de Valença acolle o sábado 6, domingo 7 e luns 8 de abril o Torneo Internacional de Mini Basquet da Eurocidade Tui-Valença. Será nas categorías sub 12 masculino, sub 8 mixto e sub 12 feminino.
Reunirá 450 xogadores de baloncesto de 26 equipos e de 11 clubs. O CB Tui e o Barco serán os equipos galegos que participen no Torneo, mentres que por parte portuguesa, amais dos organizadores do Basket Club Valença acudirán o Sport Lisboa Benfica, o Alfenense, o Beira Mar, o Olivais, o Maia, o Guifoes, o Coura/Cerveira, o Limiense e o propio Basket Club Valença. Non será só unha competición, senón tamén unhas xornadas de convivencia entre os clubs xa que están previstos xogos lúdicos, actividades na piscina municipal...
Organiza: Basket Club Valença
Colabora: Eurocidade Tui-Valença e Federación Portuguesa de Baloncesto.