Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Recepción ao equipo alevín do Tyde F.C. que participará no Torneo Internacional de Versmold

Undefined

Mañá mércores, 7 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de sesións do Concello de Tui, realizarase unha recepción ao equipo alevín do Tyde F.C. que nesta próxima fin de semana participará na cidade alemá irmandada con Tui, no Torneo Internacional de Versmold.

Neste acto estarán presentes o alcalde en funcións de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, o responsable do fútbol base do club, José Manuel Quintana, acompañados polos integrantes do equipo alevín e os seus adestradores, Samuel, José Paz e Raúl.

Publicada a listaxe de requirimentos do Campamento de Verán Igual É + Tui 2023

Undefined

A continuación pode consultarse a listaxe de requirimentos de emenda de documentación as solicitudes presentadas para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2023.

Establécese un prazo de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, de non facelo considerarase que se desiste na solicitude. 

Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluída. Cada participante terá ata o 23 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda. 

O martes 2 de maio abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual É + Tui 2023

Undefined

O próximo martes, 2 de maio, abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Igual é + Tui 2023 que organiza o Concello de Tui. Este ano ofértanse catro quendas nos meses de xullo e agosto ofrecendo unha alternativa lúdica – deportiva – educativa aos nenos e nenas e ao tempo ofrecendo a pais, nais e titores unha alternativa para conciliar a vida familiar e laboral no período de vacacións escolares estivais.

XIX Andaina Tudense Solidaria

O sábado 13 de maio terá lugar a XIX Andaina Tudense Solidaria cun percorrido de 23 quilómetros. A saída será ás 10 h da mañá. Será precisa inscrición previa, ao prezo de 12 euros por persoa, na web www.andatui.es. A data límite de inscrición é o próximo 11 de maio. 

A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitarase entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Organiza o Club Deportivo Andatui Rego de Pedra coa colaboración do Concello de Tui e a Cruz Vermelha Portuguesa. 

A Feira Cabalar, concertos, verbena con Panorama e a procesión de San Telmo xunto á tirada de fogos piromusicais para despedir as festas de 2023

Undefined

Mañá, Luns de San Telmo e festivo local en Tui, será o día grande das festas na honra ao patrón de Tui e dos mariñeiros, cun amplo programa ao longo da xornada coa feira cabalar, os actos relixiosos, os concertos, a verbena…

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes