Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Concello de Tui despide mañá á Selección Uruguaia de Remo ao rematar a súa concentración na cidade

Undefined

Mañá venres, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a despedida aos deportistas e adestradores integrantes da Selección Uruguaia de Remo que estiveron concentrados dende o pasado mes de xuño nas instalacións do Centro Especializado de Remo e Piragüismo de Tui e adestrando no río Miño.

Festa do Miño

O sábado 13 de agosto regresa a Festa do Miño. 

A programación prevista é seguinte: 

  • Ás 12.00 h Inicio da X Romaría Popular na ribeira de Caldelas. Xantar Campestre
  • Ás 17.00 h Saída do XI Descenso Popular do Miño dende a ribeira de Caldelas
  • Ás 20.00 h X Festa Gastronómica na rúa Compostela. 24 postos de comida e 6 de bebida
  • Ás 20.30 h Animación de rúa con Troula Animación con Funky Party
  • ás 22.30 h Concerto da Banda Xangai na rúa Compostela

O luns abre ao público a piscina municipal

Undefined

A piscina municipal de Tui abrirá ao público dende o próximo luns, 27 de xuño, e até a primeira semana do mes de setembro.

A cidadanía poderá gozar destas instalacións a partir do próximo luns de luns a venres de 13.30  a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.

Mantéñense os mesmos prezos que en 2019. A entrada individual de adultos custará 2€, mentres que para cativos e cativas de 4 a 14 anos, e persoas xubiladas será de 1,5 €.  Establécense amais bonos de 30 baños por importe de 40€ para adultos e de 35€ para público infantil e xubilado.

Máis de 200 nenos e nenas participan no Campamento de Verán Igual É + 2022

Undefined

Un total de 228 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 202 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade.  O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións.

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo,  26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.

Presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 h no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, evento organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 26 de xuño, a partir das 10.30 horas, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.

O Concurso de Patrullas da Brilat sairá este mércores dende o centro de Tui

Undefined

O Paseo da Corredoira de Tui  será este mércores o punto de partida da XXI edición do Concurso de Patrullas que organiza a Brilat, que percorrerá a distancia entre Tui e Santiago de Compostela. Nesta proba os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.

Tui acolle esta fin de semana a primeira proba do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

Undefined

O río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana primeira das tres probas do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Participarán pilotos galegos, entre eles o vigués Keko Pereira, cataláns, andaluces e o inglés Cristian Burguess. As outras dúas probas celebraranse en Tarragona e Jeréz de la Frontera.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes