Suspendida a retransmisión da final da Eurocopa na Corredoira debido á previsión de choiva
Debido á previsión de choiva para última hora desta tarde a retransmisión da final da Eurocopa entre España e Inglaterra prevista en pantalla xigante no Paseo da Corredoira queda suspendida.
Baralláronse distintas opcións de emprazamentos cubertos para levar a cabo a retransmisión coa axeitada calidade de imaxe e son, pero debido ás características da pantalla, de grandes dimensión, non foi posible o cambio de lugar.
A partir das 21 h AEMET ten activado un aviso de nivel amarelo por choivas que poderían acadar aos 15l/m2 e que poderían estar acompañadas de treboadas.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.