I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

Data:
2/06/2024
Lugar:
Tui
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Forma parte do programa que se desenvolverá con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. No desenvolvemento desta actividade o Concello de Tui conta coa colaboración do Club Ciclista Locos por las Bicis, da Policía Local e de Protección Civil de Tui.
- Saída ás 11.30 h dende o Paseo da Corredoira
- Percorrido: Paseo da Corredoira, Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, Praia de Areeiros, Paseo Fluvial, nova Ponte sobre o río Louro, Comandancia Naval, e Paseo Fluvial.
- Ao longo do percorrido contarase coa participación de Anxo Moure coa súa ciclo-biblioteca, e ao remate, ás 12.45 h no Paseo Fluvial, ofrecerá o contacontos “Pedaleando contos”.
- Será obrigatorio levar casco, e as e os menores de idade deberán ir acompañados por unha persoa adulta.
- Ao remate da marcha haberá un agasallo para todas e todos os participantes.
Inscrición
- Dende o mércores, 15 de maio, até as 23.30 h do xoves 30 de maio.
- Formulario de inscrición