Publicada a listaxe de requirimentos de documentación dos Campamentos de Verán
21/05/2024
Vén de publicarse a listaxe de requirimentos de documentación ás solicitudes presentadas para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2024.
Hai un prazo de tres días, contados a partir de mañá, é dicir ata este venres, 24 de maio, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo considerarase que a persoa interesada desistiu da súa solicitude.
Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, e cada participante terá ata o día 12 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda”.
Listaxe de requirimentos de documentación para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2024