Música na rúa
A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana o programa "Música na rúa", onde actuarán catro entidades no Jardim Municipal de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui
Serán as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos, e os grupos valencianos Trío Na(tal) e Río Abaixo os que actuarán tanto o sábado 17 coma o domingo 18.
MÚSICA NA RÚA





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.