Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Programacion de Nadal

“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser o lema da programación de Nadal do Cocnello de Tui que se vai celebrar dende o próximo luns 5 de decembro ate o 5 de xaneiro. Música, mercado, decoración, iluminación, obradoiros infantís… son so algunhas das propostas para estas festas en Tui.

Mercado de Nadal

Do luns 5 decembro ao xoves 5 xaneiro

Paseo da Corredoira

Horario:

Tui acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

Undefined

A Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”, que chega a Tui da man da Consellería da Cultura e da Cidade da Cultura coa colaboración do Concello de Tui.

Mañá xoves, ás 10.30 h, inaugúrase a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

Undefined

Mañá xoves, 1 de decembro, ás 10.30 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez terá lugar a inauguración da exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez  e da comisaria da exposición Lucía Laín. 

A mostra poderá visitarse dende mañá e até o 29 de xaneiro. 
 

O espectáculo “Xogar e aprender en galego mola!” chega mañá martes a Tui

Undefined

Mañá martes, 29 de novembro, ás 17.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle un espectáculo de música e xogos dirixido aos máis pequenos titulado “Xogar e aprender en galego mola!” que está promovido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Falaredes 22, en colaboración co Concello de Tui.

“Xogar e aprender en galego mola!” é un espectáculo infantil de música e xogos, de Deza Music. Lecer para toda a familia con moita diversión ao tempo que se promove o uso da lingua galega entre nenas e nenos.

A compañía Contraproduccións chega ao Teatro Municipal de Tui con Cigarreiras

Undefined

Contraproduccións pecha este venres día 25 ,ás 21.30 h, no Teatro Municipal de Tui, a extensa programación de outono que se celebrou durante o pasado mes de outubro e este mes de novembro.

Contraproduccións representará ‘Cigarreiras’, un drama baseado en “La Tribuna” de Emilia Pardo Bazán. Nesta proposta dramatúrxica, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, característicos da narrativa de Pardo Bazán.

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres a obra ‘Hugo’

Galego

‘Hugo’, da compañía Os Náufragos é a proposta do Teatro Municipal nunha nova cita cultural de outono en Tui. Será este venres, 18 de novembro, ás 19.30h. Trátase dun espectáculo teatral infantil de 45 minutos e triplemente galardoado este ano como mellor espectáculo para a infancia nos Premios María Casares, como Espectáculo Fetén 2022 e como Espectáculo Galicia Escena Pro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura