Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Fantoches Baj con “Pedro e o lobo”

Data: 
27/10/2023
Lugar: 
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez

Venres, 27 outubro, ás 19.30 h

www.urdime.gal

Xénero monicreques     

Publico +4 anos               

Duración 50min                

Idioma galego                 

Prezos 4€ - 3€

Dirección e adaptación: Inacio Viñariño

Actores / titiriteiros: Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias, Inacio Vilariño

Arranxos musicais: Benxamín Otero

Iluminación: Xacobe Castro

Escenografía: Luchi Iglesias e Inacio Vilariño

Vestiario: Olga Vieites

Deseño cartel, figuras e escenario: Iván Suarez

Pedro e Mariola son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Partindo destes elementos contan ao público como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado, nun día no que toda a aldea andaba á procura dun lobo. Fantoches Baj adapta o clásico Pedro e o Lobo de Prokofiev para contarnos unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza. Na representación  empregan marionetas manipuladas coa técnica xaponesa do bunraku e acompañadas coa música do clásico de Prokofiev.

Entradas