Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A maxia chega a Tui con “A igualdade non ten truco” este venres ás 19:30 h

Undefined

Este venres volve a actividade ao Teatro Municipal de Tui con Magia en la manga e o seu espectáculo “A igualdade non ten truco”, unha función que avoga pola igualdade entre homes e mulleres no mundo da maxia.

Carlos Tomico Pérez e Sara Rodríguez Martínez conforman o elenco deste espectáculo de ilusionismo que busca promover a igualdade de xénero a través das vivencias de mulleres magas. Con diversión e maxia, “A igualdade non ten truco” transmite unha mensaxe esencial para a sociedade actual nunha función para todos os públicos.

As solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo débense presentar do 27 de febreiro ao 8 de marzo

Undefined

Dende mañá luns, 27 de febreiro, e ate o mércores 8 de marzo, pódense presentar as solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2023.

As solicitudes deben presentarse por rexistro de entrada na casa do Concello ou por sede electrónica en http://concellotui.sedelectronica.gal.

A continuación figura o impreso de solicitude e os anexos. 

Xornadas Rosendo Salvado

O próximo mércores, 1 de marzo, cúmprense 209 anos do nacemento en Tui de Rosendo Salvado. Por este motivo o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo.

O programa das Xornadas Rosendo Salvado – 2023 abrangue as seguintes actividades:

Luns, 27 de febreiro, ás 19.30 h

María Jesús Lorenzo Modia, catedrática da Universidade da Coruña pronunciará a conferencia titulada: “Revisitando a Rosendo Salvado, o galego amigo dos aborixes.

O Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado

Undefined

O próximo mércores, 1 de marzo, cúmprense 209 anos do nacemento en Tui de Rosendo Salvado. Por este motivo o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo.

Logo do interese suscitado polas xornadas celebradas o pasado ano, o Concello de Tui dalle continuidade a esta iniciativa programando para a vindeira semana diversas inicitivas arredor da figura poliédrica de Rosendo Salvado.

O Concello de Tui acolle a presentación en Galicia e Norte do Portugal do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Undefined

O próximo mércores, 1 de marzo, celebrarase en Tui unha xornada de presentación do proxecto “Kaminos: De Sefarad al nuevo mundo”, que nace coa vocación de crear catro rutas transfronteirizas en torno ao patrimonio xudeu que compartimos España e Portugal.

O Concello de Tui acollerá esta presentación en colaboración coa Red de Juderías de España e especialmente cos municipios galegos de Monforte de Lemos e Ribadavia, que ao igual que Tui forman parte tamén da Red de Juderías.

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Undefined

Este domingo, 26 de febreiro,  celebrarase en Tui o Enterro do Bacallau, que despedirá o Entroido na localidade. A partir das 19.30 h, miles de persoas partirán en comitiva dende a praza de San Fernando para despedir o Entroido, nun desfile ao que asistirán as once comparsas que participaron no desfile-concurso do Martes de Entroido, xunto a todas aquelas persoas que o desexen, sempre de rigoroso loito.

Día de Rosalía

A Biblioteca Municipal de Tui acolle o xoves, 23 de febreiro, ás 18.30 h o proxecto "Rosalía Total" de Irene Silva. Para celebrar o Día de Rosalía musicará os poemas de Rosalía a ritmo de rap, pop, rock...

Amais a obra poética de Rosalía difúndese estes días na praza da Inmaculada, na Oficina de Turismo e no edificio Francisco Sánchez. E dous restaurante locais Restaurante El Molino e o Restaurante Cruceiro do Monte. súmanse á iniciativa de ofrecer o “Caldo de Gloria”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura