Programación Día da Biblioteca

Data:
3/10/2023
Lugar:
Edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica)
Ao longo do mes de outubro celebrarase en Tui un amplo programa baixo o título de “Outubro mes da biblioteca”. Está organizado pola Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de achegar á lectura á sociedade tudense con actividades tanto para público infantil coma adultos, e exposicións.
Programa ‘Outubro mes da Biblioteca’
Martes 3 ás 17.30 h
- “Os nunkis e obradoiro creativo” por La Compañía Espectacular
- Contacontos para nenos e nenas de 6 a 12 anos acompañado de música en vivo. O protagonista é un neno, amigo dos Nunkis. Un neno que cre na maxia e no seu poder persoal.
Martes 3 ás 19.30 h
- Inauguración da exposición “Cuentos, relatos y narraciones” fotografías de Manuel Martínez Tobaruela (ata 28 de outubro)
- Sala Municipal de Exposicións – Edificio “Francisco Sánchez”
Martes 10 ás 17.30 h
- “Obradoiro de robótica educativa. Creatividade inspiradora” por A Nube de Artear
- Obradoiro de robótica educativa no que os participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de lego educación. Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.
- Indicado para idade de 6 a 12 anos – compre inscrición en biblioteca@tui.gal
Sábado 14 ás 12.30 h
- Presentación do libro de Manuel Vázquez de la Cruz: “Ribadelouro: terra e auga é vida”
- Sala Félix Rodríguez González (Edificio “Francisco Sánchez”).
- Coa participación de María Teresa Vázquez de la Cruz, Marga do Val e o propio autor.
Luns 16 ás 20.00 h.
- Día Das Escritoras: María Tydeska
- Edificio “Francisco Sánchez”
- A celebración desta xornada estará centrada na escritora tudense “María Tydeska” (María Gloria Pereira) cunha interesante obra poética tanto en galego como en español. Unha mesa redonda analizará a vida e obra desta descoñecida escritora tudense.
Martes 17 ás 17.30 h
- “CantaContos Kairos” con Tania Justo
- Contos Cantados de Tania, que inmiscuirá ós máis pequenos nas diferentes historias e melodías, buscando a participación de nenos e nenas entre 3 a 6 anos.
Martes 24 ás 17.30 h “Día da biblioteca”
- “Porco porquiño, ensíname o camiño” por Charo Pita
- Contos, brincadeiras, rimas e cancións porcas, porquísimas para pasalo en grande cos máis peques da familia. Indicado para bebés de 0 a 3 anos