XXXII Desfile – Concurso de Comparsas e Grupos
O XXXII Desfile – Concurso de Comparsas e Grupos de Entroido celebrarase o domingo 17 de marzo, ás 17:30 nas rúas Casal Aboy e Compostela, logo de ser aprazado polas adversas condicións meteorolóxicas o pasado 5 de marzo.
Miles de persoas ateigarán as rúas novas da cidade parar participar ou presenciar o Desfile Concurso de Entroido. Crítica, sátira, bo humor e enxeño serán elementos comúns nos disfraces das comparsas que percorrerán o circuíto establecido.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.