Mañá mércores celébrase o Día do Deporte nas festas de San Telmo
Mañá mércores, 4 de abril, será Día do Deporte dentro da programación das Festas de San Telmo con exhibicións de distintos deportes que se van celebrar no pavillón do IES San Paio.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Mañá mércores, 4 de abril, será Día do Deporte dentro da programación das Festas de San Telmo con exhibicións de distintos deportes que se van celebrar no pavillón do IES San Paio.
“Xogando coa música” é o título do obradoiro que Chirlomirlo vai realizar mañá martes, de 11 a 13h na Área Panorámica dentro das actividades infantís das festas de San Telmo. Os cativos, dende os 3 anos, fabricarán instrumentos de vento, corda e percusión con distintos materiais.
Xa pola tarde, ás 16h, Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle a segunda proxección de cinema con En Un Tris Tras e a película “Batman. La Lego Película”.
Hoxe luns, 2 de abril, comezan as actividades infantís que se van a celebrar cada mañá até o venres na Área Panorámica para nenos dende os 3 anos en horario de 11 a 13h da man de Chirlomirlo. A primeira proposta chega baixo o título de “Teatro reciclado”. Na mesma os cativos crearán personaxes, marionetas, con calcetíns, goma eva, botellas de plástico... e logo levarán a cabo unha pequena representación de teatro de monicreques.

A Semana de Teatro Amador que se celebra co gallo das festas de San Telmo cumpre unha década. Esta iniciativa xurdiu hai dez anos co obxectivo de brindarlles aos grupos de teatro afeccionado que hai en Tui a posibilidade de actuar no Teatro Municipal de Tui nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta semana está plenamente consolidada contando cando ano co beneplácito do publico que en moitas das función completa a capacidade do teatro.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 31 de marzo, ás 19.30h o acto oficial de comezo das Festas de San Telmo 2018. Será a lectura do pregón a cargo do mestre Antón Corral. Intervirá tamén o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o actuará a Banda de Gaitas Xarabal, fundada por Antón Corral.
A entrada para o acto será libre até completar a capacidade do teatro.
A música e o baile serán os protagonistas no primeiro domingo das festas de San Telmo, este domingo 1 de abril. A Charanga “Cantos Somos” actuará polas rúas de Tui entre ás 12h e ás 14h animando así a segunda xornada festiva.

O 25 de marzo de 1886 inaugurábase de xeito oficial a antiga ponte internacional sobre o río Miño deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo. Co gallo do seu 132 aniversario, a Eurocidade Tui- Valença rememora ese fito o domingo 25 de marzo.
Ás 16 hora española será inaugurada no Núcleo Museológico de Valença a mostra "O beijo das locomotivas".
Tenrura, simbolismo e maxia son tres elementos que atopamos en “Pum, Pum!” un novo proxecto de Baobab Teatro que chega este sábado, 10 de marzo, ás 19h ao Teatro Municipal de Tui. Dirixida por Óscar Ferreira con guión de Andrea Bayer mestura monicreques, teatro de actor, máscaras e sombras. Conta amais con música orixinal creada para o espectáculo e interpretada en directo.
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 9 de marzo, ás 21.30h a representación de "O Rei Morre" da man de Sarabela Teatro. Nesta montaxe Sarabela Teatro volve apostar por unha obra de Eugene Ionesco coma ten feito noutras ocasións ao longo da súa dilatada traxectoria que comezou en 1980.
Maxia, humor, comedia…é a proposta que da man do mago Cayetano Lledó chega este sábado, 3 de marzo, ás 19h ao Teatro Municipal de Tui no espectáculo "Sherlock Holmes".
Cayetano Lledó, é produtor, distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación que basea as súas obras na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo. Na actualidade preside a Asociación de Magos Profesionais de Galicia (MPG).