Tanxarina presenta este venres en Tui “A Galiña Azul”
A cita será ás 20 h no Teatro Municipal de Tui dirixida a público familiar. A obra foi galardoada no premios Feten e nos María Casares.
O conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá venres, 15 de marzo, ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres. A veterana compañía redondelá presenta unha adaptación deste texto coa dirección de Cándido Pazó e con Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques.
Este espectáculo permítenos reflexionar sobre a diversidade a través da historia dunha galiña azul, que ten cinco plumas vermellas nunha á, que pon ovos de cores e canta cocorocó.
Tanxarina recibiu o ano pasado o premio Fetén ao Mellor Espectáculo de Títeres e o premio María Cares Mellor Espectáculo Infantil por esta montaxe da “A Galiña Azul”.
As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h ou o venres dende as 18.30 h despacho de billetes.
Tanxarina con “A Galiña Azul”
- Lugar: Teatro Municipal de Tui
- Data: Venres, 15 de marzo, ás 20 h
- Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h ou o venres dende as 18.30 h despacho de billetes.
- Prezos: 4€ - 3€