Exposición de Puskas na Eurocidade

Data:
22/03/2019
Lugar:
Sala de Exposicións-Área Panorámica Tui | Arquivo Municipal de Valença
Do 22 ao 30 de marzo a obra do artista portugués contemporáneo Puskas pode verse en Tui e Valença nunha mostra organizada pola Eurocidade co gallo do aniversario da vella Ponte Internacional.
Puskas amosará a súa obra na que plasma diferentes elementos da Eurocidade coma as súas paisaxes, monumentos, santos… Será de xeito simultáneo na Sala de Exposicións Municipal de Tui, na Área Panorámica e no Arquivo Municipal de Valença.