Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Caramuxo Teatro con "Zapatos"

Data: 
8/02/2020
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O sábado, 8 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui Caramuxo Teatro presenta "Zapatos" en dobre función, ás 17 h e ás 18.30  h. A capacidade de cada pase estará limitada a 100 espectadores

Sinopse: Unha rapaza coida os zapatos que xa ninguén usa, e que chegan a un recuncho dun agochado xardín. Alí comparten fantásticas historias e vivencias cheas de emoción.

Espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatros.

  • Autoría, dirección, adaptación: Juan Rodríguez
  • Escenografía, música, son, iluminación: Caramuxo Teatro
  • Elenco: Laura Sarasola
  • Xénero: Teatro para bebés
  • Clasificada:
  • Recomendada: 1-4 anos
  • Duración: 30 minutos
  • Idioma: Galego
  • Prezos: 3€ - 2€
  • Aforo limitado a 100 espectadores por pase

As entradas poranse á venda dende unha semana antes até o día do espectáculo en www.culturatui.info, e o mesmo sábado 8 de febreiro dende hora e media antes da función no despacho de billetes. Prezo 3€ entrada xeral, e 2€ entrada infantil e para as persoas que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos.