O grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui actuará este venres, ás 20.15 h na Corredoira
Este venres, 18 de xullo, ás 20.15 h no Palco da Música do Paseo da Corredoira actuará o alumnado do grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui, dirixidos polo profesor Esteban Alonso Ubiña. Con diferentes formación, tríos, cuartetos, sextetos e ata nove intérpretes, ofrecerán composición de música clásica, pop, BSO, jazz e música galega.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.