Presentación do libro "Alejandro Viana" de Roberto Mera
O próximo xoves, 10 de marzo, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez - Área Panorámica , terá lugar a presentación do libro "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" de Roberto Mera, publicado pola editorial Belagua.
No acto intervirán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Manuel Vázquez de la Cruz, de Levada Libre, e Roberto Mera, autor do libro.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.