CXXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia (1891-2021)
O venres, 25 de xuño, ás 20 h na praza de Frómista, fronte ao Teatro Prinicipal, o Concello de Tui, a través da concellaría de Cultura, conmemorará o CXXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891en Tui.
Será cun recital poético titulado “Xela Arias no século XXI”. Un recital que reunirá as compañeiras de xeración da escritora galega a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas. O acto estará presentado pola escritora Susana Trigo e contará coa presenza de Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e María Xosé Queizán.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.