Presentación da novela "Pangea" de Sara G. Piña

Data:
14/03/2022
Lugar:
Edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica)
O luns, 14 de marzo, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez, antiga Área Panorámica, presentarase a novela "Pangea" da tudense Sara G. Piña editado por Círculo Rojo.
A presentación correrá a cargo da propia autora, Sara G. Piña acompañada pola concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, e polo técnico da biblioteca municipal tudense, Rafael Sánchez Bargiela.
Sara González Piña naceu en Tui no ano 1996. Os seus anos como estudante de Psicoloxía en Madrid foron a inspiración para crear a súa primeira novela, “Pangea”, onde puido proxectar o amor que sinte pola súa profesión e polas súas raíces.
O acto de presentación está organizado pola Biblioteca Municipal de Tui.