XII Semana do Teatro Amador

Do martes 19 ao venres 22 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo 2022, celébrase a XII Semana do Teatro Amador coa participación dos grupos San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, e Chirlomirlo de Randufe.
As entradas teñen un prezo de 2€. Poden mercarase nos enlaces que figuran a continuación, ou o mesmo día da función dende ás 20 h no despacho de billetes, reservándose 100 entradas para a venda presencial.
Martes 19 h ás 21.00h o grupo de teatro San Fins de Rebordáns estrea de “Milagro no convento de Santa María Juana”.
Mércores 20 ás 21 h o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea “Spot”
Xoves 21 ás 21 h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estrea de “As vacacións da Duquesa”
Venres 22 ás 21 h o grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe estrea “O Enfermo Imaxinario”