Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

LICITACIÓN EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERíA DO CENTRO INTERFEDERADO DE TUI

22/06/2017
Áreas: 
Comercio e Mercado
Deportes

ANUNCIO

Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.

1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.

2.- Obxecto do contrato: 
Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0

3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: Urxente.
b) Procedemento: Aberto. 
c) Criterio de Adxudicación: prezo á alza sobre o importe sinalado como canon anual de explotación a satisfacer á administración.

4.- Cánon de explotación:
4.744,80 euros/ano (IVE incluído) ( mínimo, sen prexuízo ofertas á alza). 

5.- Duración do contrato: 
2 anos (prórroga anual ata un máximo de 4 anos, incluídas as prórrogas que se subscriban). 

6.-Garantías : Definitiva: 
5% do importe de adxudicación, excluído IVE. 

7.- Obtención de documentación e información: 
Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirar copia dos mesmos no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. Tfono: 986603625.- Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www.concellotui.org). 

8.- Solvencia económica e financeira:
Exento, conforme artigo 11.5 R.D. 1098/2001.

9.- Solvencia técnica e profesional:
Acreditación conforme á cláusula 10ª do PCAP.

10.- Presentación de ofertas:

a).- Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra e no perfil do contratante (www.concellotui.org), en dous sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.

b).- Documentación a presentar: A que figura no PCAP.

c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC. 

Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

Documento asinado dixitalmente.