Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Praza de Abastos

A Praza de Abastos de Tui está situada na rúa Maristas.... Anteriormente estas instalacións estiveron na rúa Casal Aboy, e na metade do século XX estaba situada na rúa Augusto González Besada. 

As postos distribúense de forma lineal  existindo na parte central bancadas abertas. 

O Concello de Tui ten en marcha o proxecto de reforma integral do mercado municipal coma parte do proxecto de transformación e dixitalización do comercio local, que abranguerá tamén o comercio local e o mercado semanal dos xoves. Do 1,6 millóns de investimento recibiu 1,3 millóns do Ministerio de de Industria, Comercio e Turismo.

A execución deste proxecto suporá un antes e un despois para o Mercado Municipal de Tui cunhas obras que conlevarán a súa modernización e actualización, que mudarán tanto o seu aspecto exterior coma interior.  Así por unha parte plantéxase unha praza exterior cuberta, e no interior os postos convivirán con novos usos coma un espazo gastronómico, zonas de lecer ou usos múltiples, buscando o equilibrio entre as zonas ocupadas e baleiras e dotando a todo o espazo de iluminación e calidez, e creando percorridos que favorezan a interacción e a compra. O mercado gañará en confortabilidade e eficiencia enerxética coa aplicación de sistemas de aerotermia e coa mellora da envolvente térmica. Mellorarase a sostenibilidade con illas ecolóxicas modulares para a recollida e separación de residuos, a adhesión á iniciativa Too Good to Go, packaging reutilizable, un área de intercambio e venda de obxecto de segunda man, ou aparcamento para bicicletas.

Reforma proxectada

Ordenanza  Reguladora do Mercado de Abastos 

Ordenanza Fiscal

Áreas: 
Comercio