Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui celebra o 8M co lema “Somos e seremos as loitadoras”

Undefined

“Somos e seremos as loitadoras” é o lema co que este ano o Concello de Tui vai celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. O obxectivo é visibilizar e lembrar a algunhas das mulleres que ao longo da historia acadaron os dereitos dos que hoxe gozan, pero tamén a reivindicación que as mulleres seguen a realizar en prol da igualdade real.

O Teatro Municipal retoma a programación con seis espectáculos no mes de marzo

Undefined

. A próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo. O Concello de Tui retoma así a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo anticovid, e un aforo limitado ao 25%.

A presentación tivo lugar esta mañá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía.

Mañá preséntase a programación Cultural de Inverno no Teatro Municipal

Undefined

Mañá venres, 26 de xaneiro, ás 11 h terá lugar no salón de sesión da casa do concello de Tui a presentación da programación cultural de inverno a celebrar no Teatro Municipal entre o 4 e o 24 de marzo.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde e Roi Fernández de Artesa Cía. que abrirán e pecharán, respectivamente, esta programación.

O alcalde de Tui solicitou á directora de Turismo de Galicia o apoio ao proxecto do Cárcere Vello

Undefined

Na maña de hoxe, 28 de xaneiro, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantivo un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para presentarlle o proxecto de intervención no edificio municipal do “Cárcere Vello” coa finalidade de convertelo nun centro de acollida a visitantes e peregrinos e que contribúa á posta en valor da nosa cidade e dos seus recursos patrimoniais e turísticos.

Suspendido o mercado semanal dos xoves até o 17 de febreiro

Undefined

O Concello de Tui informa que ante a actual situación epidemiolóxica e o incremento na intensidade das restricións establecidas pola Xunta de Galicia para toda a comunidade autónoma coa finalidade de conter as cifras inéditas que estamos a vivir, durante as próximas tres semanas – até o próximo 17 de febreiro- suspenderá o mercadillo semanal dos xoves como medida para poñer freo a transmisión do coronavirus reducindo ao mínimo imprescindible a interacción social e a mobilidade.

Pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de xaneiro de 2021

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará sesión nº 1/2021 de pleno ordinario o xoves, 28 de xaneiro de 2021, ás 20 h. Será a porta pechada para o público dada a actual situación sanitaria, e poderá seguirse en directo a través da Radio Municpial de Tui. 

A orde do día é a seguinte:

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior nº 11/2020, do 29 de decembro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía