Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021
Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021
O Concello de Tui vén de recibir a doazón da colección completa dos 31 números editados entre 1913 e 1914 do xornal satírico tudense “La Tetera” de mans do médico tudense Rosendo Bugarín González e a súa familia.
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos de Tui, A Guarda, O Rosal, e Tomiño, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios. A Mancomunidade porá a disposición da veciñanza transporte público gratuíto para asistir a esta manifestación que se celebrará o vindeiro xoves 30 de setembro ás 20.00 horas dende o PAC de Vigo, na rúa Pizarro.
O programa “Cultiva a Mente” posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, inicia unha nova temporada o próximo mes de outubro. O obxectivo desta iniciativa é promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos a través de diversas actividades que se desenvolverán até o mes de xuño de 2022 nos centros culturais de 6 parroquias tudenses.
O Concello de Tui vén de recibir a comunicación por parte da subdirección Xeral de Promoción e Innovación Deportiva da concesión por parte do Consello Superior de Deportes dunha subvención de 599.863,23€ dentro das axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais do ano 2021 para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.
O Concello de Tui iniciará o próximo luns, 20 de setembro, as obras de remodelación da rúa Ordóñez. Consistirán na retirada da xardineira existente, a reubicación da estatua do Arcebispo Lago e a posta en valor da muralla medieval.
O próximo luns, 20 de setembro, ás 12 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui a presentación da décimo sétima edición de Play Doc, que se vai celebrar na cidade do 22 ao 26 de setembro. A rolda de prensa estaba inicialmente prevista para o xoves 16 pero tivo que ser aprazada.
O Concello de Tui celebrou esta mañá unha mesa de traballo coa asociación Diversidades Acolle na que abordou a continuidade da colaboración con esta entidade que dende hai ano e medio conta cun Centro de Acollida de Refuxiados na cidade.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a traballadora social, Carmen González, reuníronse con Santiago Álvarez Avión, director, Inma Rodríguez Lago, responsable do centro de acollida de Tui, e con Belén Arranz Núñez, coordinadora de programas.
50 equipos participarán mañá a partir das 9 h na Eurocidade tui-Valença no 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª e última proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2021 e Campionato Galego da disciplina. O evento foi presentado esta mañá na casa do Concello de Tui. Está organizado pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.
135.000 metros cadrados do Conxunto Histórico de Tui, e tamén do paseo da Corredoira e das rúas Bispo Lago e Martínez Padín, forman parte da nova Área Rexurbe que a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levou hoxe ao Consello da Xunta para a súa declaración.