Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Trail do Aloia 2022

2/05/2022

Maña martes, 3 de maio, ás 11 h, nas instalacións da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia, terá lugar a presentación do Trail do Aloia 2022. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase esta fin de semana, o sábado 7 e o domingo 8.

Na rolda de prensa estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto da Cámara Municipal de Valença, Arlindo Sousa, así como os responsables da empresa organizadora Serafín Martínez e Justi Peixoto.