“Valença e Tui con historia…” é o título do calendario da Eurocidade Tui-Valença para 2021
A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario de 2021 co título “Valença e Tui con historia…” ilustrado polo artista portugués Antonio Nunes.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario de 2021 co título “Valença e Tui con historia…” ilustrado polo artista portugués Antonio Nunes.
Durante as festas de Nadal pódese visitar na Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra "O Tui (in)visible" de Loty. Está organizada polo AMIT, o Arquivo Municipal da Imaxe de Tui. As fotografías proceden do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
A continuación tamén se pode realizar un paseo "virtual" pola mostra.
Mañá xoves e o venres realizaranse cortes puntuais na rúa Colón de Tui debido ás obras de humanización que se están a realizar ao abeiro do Plan Concello.
En concreto nas próximas xornadas debido á instalación de canalizacións e á necesidade de cruzamento da calzada con tubaxes será preciso en momentos puntuais cortar o tráfico rodado neste vial. Por este motivo recoméndase empregar vías alternativas á rúa Colón, xa se poden producir retencións.
Mañá mércores, 16 de decembro, ás 18 h na Sala de Exposición de Municipal, na Área Panorámica, terá lugar a inauguración da exposición “O Tui (in)visible” do fotógrafo Loty. A mostra está organizada polo AMIT, o Arquivo Municipal da Imaxe de Tui, con fondos procedentes do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
Os novos casos diagnosticados en Tui de COVID19 nos últimos 14 días son 43, segundo os datos publicados esta mañá por Sanidade.
En Tui continúa o peche perimetral e as restricións máximas:
+ información
O salón de sesións da casa do concello acolleu esta tarde o acto de entrega dunha placa honorífica a cinco integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. O Concello de Tui recoñeceu deste xeito o labor que desenvolveron durante o estado de alarma María Fernanda Esteves Abreu, Isaac Estévez Carballal, Juan Manuel González Estevez, Adolfo Pérez Paramos e Alberto Solleiro Álvarez.
Dende o Concello de Tui faise un chamamento especial á responsabilidade durante esta fin de semana no cumprimento das medidas restritivas establecidas ante a situación epidemiolóxica do municipio.
Tui está a ser obxecto dunha vixilancia especial por parte do subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia ante a evolución epidemiolóxica no termo municipal.
“En Nadal Tui QuereTui” é o lema da campaña de bonos agasallo presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui.
Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, o representante de EMPRETUI, Abel Vila, o presidente da Asociación de empresarios/as de Areas, Giorgio Casoni, e interviu Jesús Vaz e Manuel González da empresa Coplegal S.L.
Mañá venres, ás 11 h , na casa do concello de Tui terá lugar a presentación da campaña de bonos de agasallo “En Nadal Tui #Queretui”. A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, xunto a representantes das asociacións de comerciantes e hostaleiros ACITUI e Empretui, e da Asociación de empresarios/as de Areas. Tamén estarán presentes os dous empresarios dos que partiu a iniciativa Jesús Vaz e Manuel Gómez de Coplegal SL.
Ás 00 h deste venres, 4 de decembro, entrará en vigor unha suavización das restricións en Galicia segundo avanzou a Xunta de Galicia.
Tui continúa no nivel máximo de restriccións fixado para aqueles concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días igual ou maior de 250.