Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a XXIV Feira de Artesanía e da XXIII Feira do Libro Galego

9/05/2022

Maña martes, 10 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de tui terá lugar a presentación da  XXIV Feira de Artesanía, que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, e da XXIII Feira do Libro Galego que desenvolverá o martes 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas.

Participarán na rolda de prensa o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, e de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a representantes da Asociación Galega de Artesáns, da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, das librarías Iris e Nobel Espazo Lector, e da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei que ofrecerán o martes 17 o concerto do Día das Letras Galegas.