Mañá preséntase o Descenso Internacional do Miño que se celebra este sábado
Mañá xoves, 15 de setembro, ás 12 horas, no Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez” de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar o acto de presentación do LI Descenso Internacional do Miño, organizado polo Club Kayak Tudense, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Piragüismo, a Federación Galega de Piragüismo, a Comandancia Naval do Miño e ao Concello de Salvaterra do Miño.
No acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, o deputado provincial de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Javier Hernanz, os concelleiros de deportes de Tui e Salvaterra do Miño, Rafael Estévez e Edgar Martínez, e o presidente do Club Kayak Tudense, Diego Piña.