Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Undefined

Mañá martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio  Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”. Esta publicación ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. A edición da guía corresponde ao concello de Tui contando co financiamento da Deputación de Pontevedra. 

A Mesa do Camiño reunida esta semana en Tui avaliou a situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago e a peregrinación

Undefined

A Mesa Local do Camiño reuniuse o pasado martes 16 de novembro na Casa do Concello de Tui, nunha xuntanza presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e na que participaron os representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. Tamén estivo presente un representante de Turismo de Galicia, neste caso Ildefonso de la Campa, director de Administración do Xacobeo.

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo

Undefined

O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo. Para iso está a reunir toda a información necesaria para poder realizar un estudo rigoroso que permita abordar a modificación desta taxa.

O estudo realizado por unha empresa externa a solicitude do que naquel momento era concelleiro encargado de Turismo Laureano Alonso, presenta deficiencias importantes nas súas conclusións, segundo explican dende o equipo de goberno.

Tui será un dos concellos que elabore un proxecto piloto de Plan de Acción Local da Axenda Urbana Española.

Undefined

Tui está entre o centenar de municipios españois, e os catro da provincia de Pontevedra, que van recibir unha axuda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española. 

Catro autobuses sairán do Baixo Miño para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela

Undefined

Este domingo, 14 de novembro, sairán catro autobuses do Baixo Miño con veciños e veciñas de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará a partir das 12 h en Santiago de Compostela. 

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño pon a disposición da veciñanza este transporte gratuíto para facilitar aos veciños e veciñas dos catro concellos o desprazamento ata o punto de saída da manifestación.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía