Mañá ás 11 h preséntase a XII Eurocidade BTT
24/02/2025
Mañá martes 25 de febreiro, ás 11.00 h ES, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da XII Eurocidade BTT, proba de ciclismo de montaña organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, que se celebrará o domingo 9 de marzo.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os responsables de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, e o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández.