O Concello de Tui encargará un estudio de xestión de residuos na zona cero
O Concello de Tui encargará un estudo de xestión de residuos da zona afectada pola explosión de material pirotécnico acontecida o pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos. Así foi acordado hoxe na reunión de coordinación celebrada no Centro de Afectados coa participación de representantes do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, e a Plataforma de Afectados.





