Convocatoria Pleno Extraordinario Urxente 25 de maio
Convocatoria de pleno extraordinario urxente para o venres, 25 de maio de 2018, ás 28h tras o suceso de Paramos.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria de pleno extraordinario urxente para o venres, 25 de maio de 2018, ás 28h tras o suceso de Paramos.
Declaración de tres días de loito como testemuña da dor dos cidadáns de Tui ante a explosión ocorrida no día de onte na parroquia de Paramos de Tui, e recollendo o sentir deste Concello polas vítimas e perdas sofridas.
Como testemuña da dor dos cidadáns de Tui ante a explosión ocorrida no día de onte na parroquia de Paramos de Tui, e recollendo o sentir deste Concello polas vítimas e perdas sofridas.
Esta alcaldía, no uso das competencias que lle confire a lexislación vixente en materia de réxime local,
RESOLVE:
PRIMEIRO.- Declarar tres días de loito oficial que comprenderán dende as 10:00 horas do día 24 de maio de 2018 ata as 10:00 horas do día 27 de maio de 2018, durante os cales as bandeiras da Casa Consistorial, ondearán a media asta en sinal de loito.
A elaboración de cartografía Six, ortofotodixital, e rede topográfica do municipio é o proxecto de maior importe, 90 mil euros, solicitado polo Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 2018-19 da Deputación. En concreto foron presentados trece proxectos de investimento por un importe total de 752.383,38 dentro da liña 1.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu esta mañá sendos escritos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, solicitándolles unha entrevista para transmitirlles as necesidades da cidade.
A arquitecta Helena del Río desprazouse hoxe dende Cantabria ata Tui para coñecer in situ as bibliotecas móbiles elaboradas polos alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería”, impartido no Municipal Centro de Formación, baseándose nos seus deseños.
O Paseo da Corredoira acollerá o próximo xoves, 17 de maio, a XXI Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Espazo Lector Nobel e Iris .
Mañá venres, 11 de maio, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da XXI Feira do Libro Galego que se vai celebrar no Paseo da Corredoira o xoves 17 deste mes.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e dos representantes das librarías Iris e Espazo Lector Nobel que participarán na feira.
Esta mañá remitiuse dende o Concello de Tui unha memoria valorada ao Ministerio de Fomento, a través da subdelegación do goberno en Pontevedra no que se solicita a transformación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento cara o cruce da Guarda e a rúa Tenencia.
Co obxectivo de avanzar na convocatoria dun concurso internacional de ideas para reordenar o fronte fluvial do río Miño entre a vella Ponte Internacional e a alameda de San Domingos o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse hoxe coa xefa do servizo provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera, e co presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo, Antonio Davila, e o vo