Convocatoria Sesión 14/2018 Pleno Ordinario do 29 de novembro de 2018
Convocatoria Sesión 14/2018 Pleno Ordinario do 29 de novembro de 2018
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria Sesión 14/2018 Pleno Ordinario do 29 de novembro de 2018
Mañá xoves irá a pleno unha proposta do equipo de goberno para tentar desbloquear o desentullo da zona cero de Paramos, agardando o apoio da corporación, para instar ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública para executar o proxecto de desentullo da zona cero da explosión de material pirotécnico ocorrida en Paramos, mediante unha encomenda de xestión á empresa TRAGSA.
O Concello de Tui procedeu esta mañá á entrar nas instalacións da pirotecnia La Gallega en Baldráns, para permitir que os TEDAX e Intevención de Armas da Garda Civil procedesen a cumprir o mandato xudicial consistente no ao desaloxo do material pirotécnico e explosivo que se atopa no interior como paso previo á demolición das 25 casetas existentes. O xuíz daba dez días para o desaloxo do material explosivo, que expiran o día 30, e todo parece indicar que non se cumprirá este prazo por parte dos encargados do desaloxo.
Co obxectivo de estudar a posibilidade de que a Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo do Ministerio de Fomento asuma a rehabilitación do Teatro Principal o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de solicitarlle unha entrevista ao seu titular Francisco Javier Martín Ramiro.
Este sábado, 24 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vai celebrar unha nova reunión informativa cos veciños de Paramos e Guillarei afectados pola explosión do pasado 23 de maio.
A reunión estará centrada no desentullo da zona cero no barrio da Torre.
O mércores 28 de novembro, ás 9h, procederase ao desaloxo do material existente na pirotecnia de Baldráns, logo de que no auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra recibido no Concello se dea un prazo improrrogable dun mes para proceder á execución total e completa da sentenza, mediante o desaloxo e baleirado das instalacións, e a súa posterior demolición.
Esta semana comezaron as obras para a apertura da rúa Ourense, un proxecto longamente demandado pola cidadanía ao longo das últimas décadas que poderá ser unha realidade no primeiro trimestre de 2019.
As obras foron adxudicadas polo Concello de Tui á empresa Narom S.L. por importe 220.582,77€, e teñen un prazo de execución de 3 meses.
O goberno municipal de Tui presentará unha proposta para o seu debate no pleno ordinario, do 29 de novembro, na que o Concello de Tui solicita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública que acometa o desentullo da zona cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión. En concreto farase esta solicitude amparándose no artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, propondo que sexa a empresa Tragsa quen acometa estes traballos.
O sábado, 24 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei o alcalde de Tui célebrará unha nova asemblea cos veciños de Paramos e Guillarei.
O goberno municipal de Tui volverá levar ao pleno ordinario deste mes a proposta para realización dun plan de mellora do departamento de Urbanismo do Concello. Así o avanzou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de que esta proposta quedara sobre a mesa na sesión de outubro.